Francisco Narla
Naceu no interior de Galicia a finais da década dos 70. Aos bosques, a granxa e o traballo no campo da súa infancia uniuse a súa paixón polos libros de aventuras e os seus heroes para conducilo a unha vida errática e en busca da maxia daqueles personaxes de novela. A súa inquietude levouno a vivir en Santiago de Compostela, Madrid, Los Ángeles e Barcelona entre outras cidades, pasando de traballar nunha tenda de acuariofilia a comercial, xefe de barra nunha coctelería, fotógrafo, modelo e mesmo montador profesional de moscas para pesca deportiva.
Entre tombo e tombo, traballo e traballo, seguiu os seus estudos universitarios, matemáticas, enxeñaría, administración de empresas e a vocación que perseguiu dende neno, piloto de transporte de liña aérea, profesión á que se dedica na actualidade.
Ao longo da súa vida dedicou grande parte do seu tempo á poesía, o ensaio e o relato curto, participando en varios certames literarios. En certo modo como un tributo aos seus grandes amigos de infancia e adolescencia, os libros.
Mentres voaba bimotores lixeiros nas noites do deserto do mojave o xerme da súa primeira novela xurdiu da morriña que sentía pola súa amada Galicia. Nos "Lobos del Centeno" Francisco Narla deu vida aos pesadelos da súa nenez cunha primeira novela que lle augura un fantástico futuro literario. |